LEÓN TOLSTOI, CARtA AO tsAR NICOLÁS

Este texto de carácter epistolar escrito por León Tolstoi para Nicolás II no ano 1902, trata de facer unha forte crítica sobre o zarismo implantado en Rusia durante o período no que o tsar mantiña o poder (1892-1917).

Dende o comezo pódese apreciar a intención de criticar ao mencionar algúns exemplos de represión política, como o control do pobo pola Seguridade do Estado, as persecucións relixiosas, matanzas e censura. Esta represión é, en parte, polo poder da autocracia, réxime no que gobernaba o tsar sin límites.

Máis tarde xulga a situación da Economía, donde o pobo se empobrece cada vez máis polo incremento dos gastos do Estado, o que provoca que a fame sexa máis frecuente e o descontento de todas as clases sociais.

A autocracia é unha forma de goberno que neses anos non cumple coas necesidades do pobo, famento e cansado da situación do país. Para continuar co réxime foi clave para o tsar aumentar os actos de crueldade e a violencia e que a relixión ortodoxa cristiá o seguira apoiando e predicando a sumisión hacia el

A carta remata asegurando o fin da autocracia, adiantando o que en poucos anos sería o fin do réxime e o comezo da Revolución Rusa.

En resumen, esta carta pódese considerar un aviso de Tolstoi, quen entende a situación do país, e que avisa ao tsar de que coas súas accións só conseguirá o estalido do pobo contra el.

León Tolstoi foi un dos escritores rusos máis destacados a nivel mundial. Formaba parte dunha familia nobre. Nas súas obras defendía a “non violencia activa”, tipo de protesta que buscaba un cambio político, social e cultural sin empregar a violencia. Na época de Tolstoi, o tsar tiña practicamente todo o poder e era moi respetado.

Comentarios