LEÓN TOLSTOI, CARtA AO tsAR NICOLÁS
Este texto de carácter epistolar escrito por León Tolstoi para Nicolás II no ano 1902, trata de facer unha forte crítica sobre o zarismo implantado en Rusia durante o período no que o tsar mantiña o poder (1892-1917). Dende o comezo pódese apreciar a intención de criticar ao mencionar algúns exemplos de represión política, como o control do pobo pola Seguridade do Estado, as persecucións relixiosas, matanzas e censura. Esta represión é, en parte, polo poder da autocracia, réxime no que gobernaba o tsar sin límites. Máis tarde xulga a situación da Economía, donde o pobo se empobrece cada vez máis polo incremento dos gastos do Estado, o que provoca que a fame sexa máis frecuente e o descontento de todas as clases sociais. A autocracia é unha forma de goberno que neses anos non cumple coas necesidades do pobo, famento e cansado da situación do país. Para continuar co réxime foi clave para o tsar aumentar os actos de crueldade e a violencia e que a relixión ortodoxa cristiá o seg...